O día da poesía
OS OFICIOS
Moza, quen che fixo os zocos,
que chos fixo ao malxeito:
que lle puxo os virois
do torto ao dereito.
O ferreiro cheira a ferro;
o carboeiro, a carbón;
o mariñeiro, a meigallo;
a lavadeira, a xabón.
Costureiriña bonita,
faime unha camisa ben feita,
cun caravel encarnado
no puño da man dereita.
M. Quintáns Suárez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario