venres, 27 de outubro de 2017

Aubameyang

                 Aubameyang






Pierre Emerick Aubameyang (Laval, Mayenne, Francia, 18 de xuño de 1989) é un futbolista francés de orixe gabonés, que xoga como dianteiro centro. O seu equipo actual é o Borussia Dortmund da Bundesliga (Alemaña). Tamén é internacional coa selección de Gabón da cal é capitán.
Aubameyang é coñecido pola súa resistencia e incrible velocidade mostradas en cada un dos seus partidos. Na tempada 2014-15 logrou entrar no once ideal da Bundesliga. Elaborou unha boa relación futbolística co xogador alemán Marco Reus desde a súa chegada ao cadro xermano, e a principios da tempada 2015-16 asinou unha extensión de contrato para continuar con este exitoso dúo.

O seu pai Pierre Aubameyang tamén foi profesional, lembrado por ser o terceiro futbolista africano en xogar en Fútbol Profesional Colombiano na tempada 1996 militando para o Atlético Junior.

Ningún comentario:

Publicar un comentario