É o quinto mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días; pero era o terceiro mes no antigo calendario romano, onde xaneiro e febreiro estaban ao final do ano.
A orixe do seu nome é incerto. Pode derivar da deusa romana Maia, tamén coñecida como Bona Dea, cuxo festival os romanos celebraban este mes que chamaban Maius. Tamén podería provir da ninfa Maya, filla de Atlas e Pleione e nai de Hermes. Unha terceira opción da súa orixe podería ser do termo Maius Juppiter, unha redución de maximus, o máis grande.
Na antiga Grecia o seu equivalente é o mes de Targelión.
Quintilis foi orixinalmente o nome do quinto mes (que
despois foi cambiado de lugar para ocupar o sétimo) no calendario
romano, estaba situado despois de xuño e antes de sextilis.
De acordo cunha tradición, a pedra de maio é a esmeralda, e a súa flor, o lirio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario